MUFEST I 2009 faite ver!

mufest 1

mufest 2009

mufest 2009 2

mufest 2009 3

A Asociación Andaina Mulleres organiza o MUFEST, I Festival de Cine feito por Mulleres, que se celebrará no Auditorio de Galicia os días 20, 21 e 22 de novembro. PROGRAMA VENRES 20 – 17.00 h. Presentación do MUFEST. ‘As que se fan ver…’ – 17.30 h. ‘Cienfuegos, 1913’ (2008), ‘Para Líster’ (2007), ‘Illa’ (2009). Presentación a cargo da directora Margarita Ledo. – 21.00 h. ‘Made in LA’ (2007), de Almudena Carracedo SÁBADO 21 – 10.30-12.30 h. Mesa Redonda: ‘Facémonos Ver”. Interveñen Anna Amorós, Profesora Titular de Comunicación, Audiovisual e Publicidade (Especialidade Cine) na Universidade de Vigo; Carmen Rábade, produtora e directora da Escola de Produción Audiovisual O Raio Verde, e Marta Piñeiro, directora e realizadora de series de televisión. Modera Patricia Arias Chachero, redactora da revista Andaina. – 12.30 h. Pausa – 12.45 h. ‘1977’ (2007) de Peque Varela – 13.00 h. ‘Das cousas do Kulechov’ (2006). Presentación da directora Susana Rey – 14.00 h. Pausa – 17.00 h. ‘Plan Rosebud 2’ (2008) de Maria Ruido – 19.00 h. Pausa – 19.15 h. ‘GZ Vídeos. Mulleres, xénero, sexualidade e outros relatos subalternos’. Presentación de Zelia García – 20.00 h. ‘Asuntos Internos’ (2007) de Uqui Permui e Xoan Anleo. Presentación da directora Uqui Permui. DOMINGO 22 – 10.00 h. Exhibición das obras seleccionadas para participar no MUFEST. Entrega dos Premios seleccionados polo xurado composto por Agar Ledo, Nerea Unzueta, Marta Piñeiro, Llerena Perozo e Iria Vázquez. – Actuación da MAGA MC – Clausura do MUFEST 2009 No Estado español só o 8% das películas que se producen son dirixidas por mulleres, e en guión e produción, a participación queda nun escaso 20% (datos de CIMA, Mulleres no Audiovisual). Contamos coa presenza de diferentes autoras, produtoras, guionistas’ que compartirán con nós as súas experiencias, os seus primeiros pasos no mundo audiovisual.

andaina

Revista Galega de Pensamento Feminista

Diálogos de Prostitución

Just another WordPress.com site

El estante de la Citi

Los derechos de lxs trabajadorxs sexuales son derechos humanos

Marcha Mundial das Mulleres :: Feminismo :: Galiza

FESTival de cine feito por MUlleres

Plataforma Galega Polo Dereito ao Aborto

FESTival de cine feito por MUlleres

Feminismo na Galiza

FESTival de cine feito por MUlleres

FESTival de cine feito por MUlleres